No evocador souto dos catro ventos do antigo mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil aparece morto un home vestido como un monxe bieito. Como é posible, se os frades abandonaron aquel lugar no século XIX?
Jon Bécquer, un detective de obras de arte que está a descubrir as marabillas da Ribeira Sacra, tomará moi a peito descubrir que hai de certo na lenda dos nove aneis de Santo Estevo e en descubrir o enigma daquela morte.
Na súa pesquisa vai dar co legado de Marina Vallejo, unha moza vallisoletana, que viviu os derradeiros anos da vida monástica, na década do 1830, pelexando por conducir o seu propio destino e esquivar a represión que sufrían as mulleres naquel tempo convulso de absolutismo e cólera.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Ver política de cookies de Praxis Valdeorrras S.L